Os seus avogados de confianza en Ponteareas
Somos un despacho de avogados aberto en Ponteareas (Pontevedra) no mes de setembro do ano 2000 froito da vocación social do seu titular, Marcos Martins López, na procura dun servizo profesional para persoas, empresas e colectivos que precisan dunha asistencia xurídica específica ou xenérica, xa que abarcamos todas as materias do dereito (civil-penal-laboral e administrativo).
Unha das nosas características do despacho é o uso do galego como lingua de comunicación nos asuntos que se levan en Galiza, asi como as reclamacións de colectivos sociais en conflicto coas Administracións Públicas. Somos un dos poucos despachos de avogados do partido xudicial de Ponteareas que leva asuntos da xurisdicción social.
Visita a nosa web
bordelho.gal